ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
"É preciso utilizar novas ferramentas para divulgar a memoria histórica democrática" afirman os autores do libro de banda deseñada "A morte nas fragas" Anxos García Fonte e Carlos Sardiña. O vindeiro luns 18 de agosto o Concello de Fene conmemorará o Dia da Galiza Mártir cun acto ás 12,30 do mediodia do luns 18 de agosto no salón de plenos. Presentarase ese volume e máis o documentario "Os fíos da memoria" realizado por Xarda cooperativa galega arredor da búsqueda dos familiares das vítimas da ditadura.

“Os debuxos de Carlos Sardiña transmiten á perfección as lembranzas das fragas do Eume antes da construción do “pantano” suliña a profesora Anxos García Fonte. A resistencia cidadán ao fascismo en toda Europa recibe recoñecemento público unánime. "Foi un libro de lenta cocción e maduración, pero unha vez que nos puxemos ao traballo saiu rápido e os debuxos de Sardiña son brutais, espectaculares. O pantano do Eume supuxo un antes e un despois nas fragas” indica a escritora. Nos veráns da ditadura mobilizabase a Garda Civil e a policia para protexer ao ditador. Tiñan moito medo dalgún atentado. Era un vividor. Gozaba das vacacións en San Sebastian e na Coruña. Pescaba no Azor e no Rio Eume. Pasaba os longuisimos veráns con toda a súa familia no Pazo de Meirás, conclue Garcia Fonte.
Publica o teu comentario agora