Novas realidades

Novas realidades
06 de Xaneiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Gustavo Gallego ingresa na unidade de psiquiatría do Hospital Marítimo de Oza. O seu trastorno bipolar pode estar detrás do asasinato da súa muller. Sánchez Pereiro non o ten tan claro. 

ESCOITA O PODCAST:

Logo de pasar unha noite con el na que non articulou palabra, Gustavo Gallego comeza a falar nun paseo co comisario polos xardíns do hospital coruñés. As súas verbas reforzan as sospeitas de Pereiro que inicia unha nova investigación en Vigo trala reacción da filla de Gallego ao ver unha fotografía. "Xa teño visto posibilidades moito máis remotas convertidas en realidades...”, afirma o policía antes de partir cara á cidade olívica. Os capítulos 31, 32, 33, 34 e 35 de Lobos doentes transcorren na mesma semana do mes de abril de 2004 na que o Dépor empata a cero co Porto na Liga de Campións e Zapatero anuncia a retirada das tropas españolas de Iraq. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, participantes do roteiro de Lobos doentes na Coruña.

Cultura

Publica o teu comentario agora