ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Potenciar o funcionamento do porto exterior de Ferrol. Ese é o reto da Autoridade Portuaria a partir da entrada en funcionamento do novo vial que esta mañá se abre ao tráfico, segundo o presidente do ente Amable Dopico.
O acceso ao porto exterior permitirá potenciar as instalacións de Caneliñas. O peirao ofreceu uns bós resultados no 2008, e agota terá que establecer taxas competitivas, dentro do sistema portuario europeo. Amable Dopico.
A nova estrada N 655 ponse en servizo esta mañá ao completarse o tramo pendente entre Fontemaior e Marmancón. A última fase do vial, de case cinco quilómetros, custou 22 millóns de euros. O novo acceso ao porto exterior conta con 15 quilómetros de lonxitude. Conecta a dársena de Caneliñas coa AP 9. Cada sentido da circulación ten un único carril.