Novas saídas laborais

Novas saídas laborais
16 de Xuño, 2026 - 04:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os concellos de Fene, Ares e Neda manteñen a súa alianza para ofrecer novas oportunidades laborais ás persoas dos tres municipios que están no paro. Esta mañá inaugurouse na Alianza Aresana a duodécima edición do obradoiro dual de emprego Reinicia para persoas que están no paro. Na inauguración estivo presente a concelleira de Promoción Económica e Emprego de Fene, Ángeles Coira.

ESCOITA O PODCAST:

Son vinte as persoas desempregadas, doce delas veciñas de Fene, que participan no obradoiro dual de emprego Reinicia XII. Durante nove meses formaranse en atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, carpintería e moble e aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble. Realizarán tamén traballos para os concellos, como mobles para a Casa da Cultura de Fene, segundo anunciou Ángeles Coira que destacou a importancia de dar unha nova oportunidade de integración no mercado laboral ás persoas participantes no Reinicia XII. A formación en materia socio-sanitaria impartirase no centro de ensino de Franza e a de carpintería na nave de San Marcos, en Fene.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora