As Novas Xeracións de Cospeito presentan a súa Web

As Novas Xeracións de Cospeito presentan a súa Web

09 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As Novas Xeracións do Partido Popular de Cospeito estrean páxina Web e para que todos os veciños da vila chairega coñecesen este novo dominio fixeron un chamamento para que todos os que estean interesados nas opinións dos mozos populares poidan acudir a ela. Así, a través da dirección http://nnxxcospeito.com/, poderán coñecer o posicionamento desta institución sobre a política local.

Desde esta NN.XX. establecen que a principal finalidade da páxina “é servir de espazo de participación a través do que poderán facernos chegar todo tipo de suxestións, así como dar a coñecer a organización político-xuvenil do Partido Popular de Cospeito”.

Esta web contará cun apartado onde se anunciarán todo tipo de eventos e actividades que se levan a cabo por esta agrupación  e se colgará toda información que poida ser de interese á xuventude, como por exemplo as axudas das distintas administracións, subvencións, etc. O presidente das mocidades do PP local, Fernando Carreiras,  tamén  subliñou “a presenza  desta organización nas redes sociais de tuenti e facebook baixo o nome de “Novas Xeracións Pp de Cospeito” e “Novas Xeracións Cospeito” respectivamente”.

Neste proxecto os mozos populares de Cospeito estiveron arroupados por unha ampla representación da Executiva de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, incluído o seu Presidente, recentemente elixido,  Daniel Vega, quen salientou “a  importancia deste tipo de eventos  que manifestan a gran labor que as Novas Xeracións está a realizar en toda a provincia”.
 
Na presentación tamén participou o Presidente do Partido Popular de Cospeito, Armando Castosa Alvariño, acompañado de varios afiliados desta organización na localidade. Armando Castosa destacou “a gran importancia da iniciativa de creación deste portal web, como instrumento de comunicación entre os mozos,  que as Novas Tecnoloxías nos ofrecen”.

Sociedade