Nove meses de masacre diario

Nove meses de masacre diario
08 de Xullo, 2024 - 09:29 h. | Publicada por Radio Fene

"Levamos nove meses saíndo ás rúas porque van nove meses de masacre diario, cada dia sumando máis mortes palestinas e afundando na impunidade dos criminosos" indica o manifesto que foi lido esta tarde na Praza da Vila de Pontedeume pola profesora Anxos Garcia Fonte. "Os ataques e os bombardeamentos existen e van segando vidas a medida que se producen" indicouse no acto. 

"Cantos asasinatos, canta destrución máis necesitan quen nos gobernan para pasaren dunha vez das declaracións aos feitos e para lle pararen os pés ao estado de Israel?" preguntouse diante da Casa do Concello eumesa antes de proclamar o dereito a un futuro en paz para todos os pobos do mundo.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora