ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nove xogadores xuvenís participaron na convocatoria do Maniños B neste domingo. O equipo filial rematou no campo do Pote a primeira fase da Segunda Galicia de fútbol cun partido fronte ao Estrella. “A primeira parte no controlamos o partido pero no descanso aclaramos conceptos, fixamos posicións e pasamos a xenerar ocasións” afirma o adestrador Manel Freire.
O porteiro do Maniños B parou un penalty e o do Estrella foi o mellor xogador do equio visitante, segundo Freire que apunta “a necesidade de correxir faltas de concentración puntuais froito da inexperiencia”. Maniños B 0 – 3 Estrella. Con ese partido finalizou a primeira fase da liga da Segunda Galicia de fútbol. A segunda fase no grupo “3B” comezará dentro de quince dias.
Publica o teu comentario agora