As novedosas atmósferas sonoras do Felipop

As novedosas atmósferas sonoras do Felipop

08 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O misterio e novedosas atmósferas sonoras chegarán esta noite ao Felipop, festival de música independente que se celebra no parque da Hortiña en Limodre. A poderosa voz da violinista Jenny Maxwell co grupo Strangefruit será un dos atractivos da xornada. Ademais actuarán na Hortiña, os Amigos dos Músicos de Ourense, Caravana de Madrid e The Cherry Boppers de Bilbao.

Mañá sábado tocarán The Dealers de Vitoria, o norteamericano Kurt Baker, Peralta de Xixón e Peter Perret de Londres. A entrada dun dia custa quince euros, mentres que os bonos para as dúas sesións alcanzan o prezo de vinte euros.

Sociedade