ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Súmanse á celebración do Día da Muller e á celebración do Outlet de Fene na tenda Cáprica da que é xerente Juanma Sánchez, que presentou en Radio Fene esta semana dúas novelas gráficas das que son autoras e protagonistas as mulleres.
“Curiosity Shop” é unha obra de ficción ambientada en Madrid, a finais do século XIX. “Nellie Bly. Na guarida da loucura” trata do horror e os malos tratos que sufrían as mulleres ingresadas nun manicomio feminino. Denunciouno Nellie Bly, seudónimo dunha xornalista freelance que se internou nun asilo psiquiátrico para mulleres. “Este cómic lévanos a unha época na que as mulleres tiñan poucas oportunidades para facerse oír”, destaca Juanma Sánchez. Anunciou tamén a participación de Cáprica no inminente Outlet de Fene, que se celebra na vindeira fin de semana. Ofrece descontos e amplía o seu horario con apertura o domingo pola mañá.
Publica o teu comentario agora