Novela negra e despoboamento rural

Novela negra e despoboamento rural
26 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

O despoboamento é un dos temas que aborda o escritor Óscar Reboiras no seu libro “A agonía das folerpas” con versión en castelán denominada "El caso Salgueiro". A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.
 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Óscar Reboiras sobre o seu libro:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/250925REBOIRAS.mp3

Óscar Reboiras en Radio Fene

Esta novela negra contrapón a vida urbana e a do medio rural. No rural hai unha sensación de comunidade, de familia e de apoio. Nas cidades pode haber oportunidades pero parece que non coñecemos a ninguén, nin á veciñanza do mesmo edificio, segundo asegura o escritor.
O Res é outro protagonista da novela de Óscar Reboiras. Este festival que se celebra en Viveiro e onde xa tocaron Iron Maiden ou Scorpions. Metal, hardcore e punk desde 2006. Para o 2026 anunciase de novo a actuación de Iron Maiden. O ambiente é incrible, segundo se afirma neste libro. De feito, un dos protagonistas da novela, Padín, é un namorado do heavy metal. 

Cultura

Publica o teu comentario agora