Novidades do PXOM

Novidades do PXOM
03 de Setembro, 2026 - 04:29 h. | Publicada por Radio Fene

Logo dun verán con intensa actividade cultural, o Concello de Fene comeza un novo curso político con moitos asuntos na axenda do Goberno municipal, aos que pasou revista o primeiro tenente de alcaldesa e voceiro do BNG, Manuel Polo, no espazo As Foxas

ESCOITA O PODCAST:

Novos pasos para a revisión do PXOM. O comité de expertos xa avaliou as dúas ofertas, ó próximo paso agora é a reunión da mesa de contratación formada por técnicos de distintas administracións. “Calculo que a final de mes teremos empresa”, avanza Manuel Polo. O PXOM, o cemiterio municipal, o ciclo da auga, son algunhas das prioridades que ten en axenda o Goberno de Fene, como explicou o primeiro tenente de alcaldesa. 

Música galega

O I Festival Intercéltico Fene Interculturas serviu para poñer en valor unha banda como Airiños de Fene. “Viamos necesario poñer a Fene no mapa da cultura musical galega, a nosa música tradicional”, explicou Polo. Con esa vocación naceu o festival. E foi un éxito, conseguiu o seu obxectivo e “toda a veciñanza tivo a oportunidade de escoitar a centos de gaiteiros e pandereiteiras”. 

Pleno municipal

Pasado un verán intenso, no que  tamén se realizaron traballos de mellora da pavimentación do paseo de San Valentín e inaugurouse o primeiro Faladoiro urbano, a Corporación municipal de Fene reúnese esta tarde nun pleno ordinario no que tratará asuntos como unha modificación das subvencións nominativas para axudar á ANPA do colexio Os Casais á que a Xunta deixou sen achega para o financiamento do comedor escolar. Tamén tratará a prórroga do contrato de subministro eléctrico que lle permitiu importantes aforros ás arcas municipais. Vai ao pleno ademais o regulamento de uso dos locais de ensaio do Concello. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora