ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Medra a demanda de prazas nos ciclos formativos no IES de Fene que este curso tamén ofrecerá formación complementaria de inglés a alumnado propio e doutros centros educativos coa implantación do programa CUALE, informou a directora do IES de Fene, Begoña Fernández

Encaixar os horarios foi o máis laborioso nos preparativos do comezo do curso escolar recen iniciado para a directora do IES de Fene, Begoña Fernández. Dirixe un centro educativo no que estudan e traballan máis de 500 persoas. “Somos un centro no que hai Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, FP básica, ciclos superiores, ciclos medios, facer ese encaixe é o máis complexo”, apunta.
Destaca a directora do IES de Fene o “aumento considerable na demanda de matrícula de ciclos formativos”. O alumnado da ESO e Bacharelato procede maioritariamente de Fene, nos ciclos formativos recibe estudantes de toda a comarca. Este curso implantase no centro o programa CUALE, “unha preparación específica de inglés para o alumnado que logo faría as probas na Escola de Idiomas”. Impartirán o nivel B2, os xoves pola tarde, de 16.15 a 18.45 horas. O prazo de matrícula estará aberto ata o 15 de setembro.
Publica o teu comentario agora