ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
En marcha a convocatoria dos Premios Curuxa que concede o Museo do Humor Xaquín Marín que este ano amplía fronteiras ao abrirse tamén a artistas de Portugal, explicou en Radio Fene a responsable do Museo, Almudena Marcos.

Xa está aberto o prazo para a presentación de orixinais que conta con tres categorías, Curuxa, para maiores de 25 anos, Curuxa Nova para mocidade de entre 16 e 25 anos e Caricatura na que poderán participar debuxantes a partir dos 16 anos. A gran novidade do certame este ano é que poderán presentarse artistas de Portugal. Amplíanse fronteiras atendendo unha suxestión feita polo xurado, ao que piden opinión sempre para mellorar as bases, explicou a responsable do Museo, Almudena Marcos. A contía dos premios ascende a 5.000 euros, a repartir entre as categorías Curuxa, Curuxa Nova e Caricatura. Os orixinais poderán presentarse até o vindeiro 31 de maio.
Publica o teu comentario agora