ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Novo éxito do Perla mural fest. Os tres murais realizados en Fene neste 2025 resultaron seleccionados nos dez mellores murais do mundo do mes de agosto, entre máis de cen murais de cidades de todo o mundo.. Quedou de sexto o mural de Diego As no camiño de Santiago, de octavo o de David Barrera na rúa paralela a San Estebo e de décimo o de Wedo Goas nas vivendas verdes de Perlío. As votacións fecháronse onte mércores 10 de setembro. A organización do Perla mural fest confirmou esta mañá a Radio Fene este novo éxito do evento que xa logrou nos anos de 2023 e 2024 a clasificación como o mellor mural do mundo dentro deste certame organizado pola plataforma Street Art Cities.

As tres creacións máis votadas quedaron automaticamente nominadas e optarán ao título de mellor mural do mundo 2025, un dos recoñecementos máis prestixiosos dentro do panorama internacional do arte urbano.. Ramón Pereira, organizador do Perla Mural Fest, indicaba en febreiro deste ano que hai unha resposta increible na búsqueda de fachadas e de muralistas.
Fotografía Xan Xe
Imaxe do mural de Diego As no Camiño de Santiago ao seu paso por Fene
Publica o teu comentario agora