ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Maniños B 1- 1 Valdoviño. O filial do Maniños soubo remontar un resultado adverso na primeira xornada da Terceira Futgal. Manel López estreouse no banco do equipo do Pote nunha tarde marcada pola calor.

O Maniños B rescata un punto ante o Valdoviño nun debut marcado polo calor (1-1) O Cultural Maniños B estreou a tempada na Terceira Fútgal cun empate a un gol fronte ao Valdoviño no campo do Pote. Nun partido moi esixente no aspecto físico, o filial do equipo branco logrou reaccionar no segundo tempo para igualar un marcador que se puxera costa arriba desde o primeiro tempo co tanto do conxunto visitante.O adestrador do Maniños B, Manel López, admitiu que o factor climático e o estado físico condicionaron o arranque: "A climatoloxía marcou moito o devir do partido, facía moito calor e a pretempada foi curta para nós; aínda nos estamos aclimatando". O técnico explicou que o Valdoviño dominou a primeira metade con claridade. Con todo, na continuación os locais deron un paso adiante: "Xuntámonos un pouco, traballamos doutra maneira e igualamos as forzas. Aí chegou o gol e algunha outra ocasión clara".O gol do empate (minuto 76) naceu dunha acción de estratexia e velocidade: Iker sacou rápido de banda cara a Marcos, quen lle deu continuidade á xogada conectando con Pablo Pérez; este gañoulle as costas á defensa, plantouse ante o porteiro e definiu con calidade polo lado esquerdo.
Un adestrador de longo percorrido para un reto ambicioso
Manel López asume as rendas do filial cunha ampla traxectoria no fútbol da comarca. Tras formarse como xogador no Barallobre e no Cabanas, iniciou unha andaina nos bancos que inclúe etapas no Xuventude de Cabanas, o equipo feminino e o infantil do Galicia de Mugardos, e o Numancia de Ares, onde exerceu de axudante de técnicos como Alberto Suárez, Barral ou Charlie.Chamado pola directiva do Maniños para liderar este proxecto, López ten claros os obxectivos de máximos: "O ano pasado o equipo quedou ás portas do ascenso cun traballo bárbaro de Chiqui. O obxectivo este ano ten que ser intentar ascender". Malia a ambición, o míster lembra a dobre vertente dun filial: "O importante tamén é traballar moito para o primeiro equipo e darlles continuidade aos rapaces para que poidan subir cando faga falta". Nese camiño, a súa filosofía de xogo é innegociable: "Teñen que ser todos partícipes do xogo, non me vale un xogador bo e os demais de axudantes. Aquí todo o mundo ten que ser e sentirse importante".
Próxima xornada: visita ao Moeche
O Maniños B afrontará a vindeira xornada a domicilio medíndose ao Moeche nun escenario que esixirá a mellor versión colectiva: "É un campo grande e de herba natural que supoño que estará en boas condicións".López recoñece que aínda é cedo para acadar a estabilidade táctica que busca, pero mantén a ambición de saír a polos tres puntos: "Imos saír a gañar. Se non se dá, que polo menos se vexa un equipo cunha identidade de grupo clara e onde todo o mundo vaia a un tempo e remando no mesmo sentido"
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora