ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Iniciado o novo curso político que nos conducirá ata as eleccións locais de maio, falamos co voceiro do Partido Popular no Concello de Fene, Gumersindo Galego, co que repasamos a actualidade municipal.

“Nas vindeiras semanas, de momento estamos incentivando un pouco máis a tarefa do grupo municipal, onte fixemos visitas, algúns camiños están nun estado lamentable”, di Gumersindo Galego sobre os preparativos do PP de Fene pensando nas eleccións do vindeiro maio. O Partido Popular xa presentou os candidatos en Valdoviño e Pontedeume “son xente nova que entra agora”. “As eleccións duran quince días pero hai que traballar todos os anos”, reflexiona o voceiro do PP.
Explicou o apoio do seu grupo a modificación das subvencións nominativas acordada no último Pleno da Corporación de Fene “votamos a favor porque unha ANPA non pode quedar sen comedor, nos parece unha cousa bastante grave”. O Concello axuda a ANPA dos Casais que non logrou a subvención da Xunta para o comedor escolar. En canto aos principais retos do novo curso político “os dous retos de sempre, o Plan de Urbanismo e o Centro de saúde que afectan a todos”.
Publica o teu comentario agora