ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Los tigres del Cañotas volven aos escenarios con novas cancións, incluídas no ultimo disco "Love songs" aínda no forno. Dous concertos en Fene e Neda (A Coruña) esta fin de semana servirán para presentalo. Ramoncín e o Felipop teñen canción neste ultimo traballo do grupo fenés.
O grupo fenés Los tigres del Cañotas teñen novo disco. Vé a luz na primavera: “Love songs”, cancións de amor. Cancións plagadas do seu particular humor, da sua socarrona maneira de ver o amor e a sexualidade. Así se desprende das cancións que podemos coñecer en directo este venres dia 8 de maio no Mesón de Cociña en Perlío, a sua casa. O sabado presentan “ Love songs” no mesón O Lagar de Neda.
Suso Balado, Cabe García, José Piñeiro e Oscar Painceiras siguen cantando ao amor pero tamén a Ramoncín, ao Felipop ou a un amigo que acaba de separarse.O disco componse de cancións que se foron xestando dende hai tempo. Suso Balado ten as ideas primarias que despois comparte co resto nos ensaios. O anterior foi “Rock machito” agora “Love songs” que están a punto de descubrirnos porque o disco aínda non tocou a rua. Quizán estea dispoñible nos concertos desta fin de semana. “Los tigres del Cañotas” teñen concertos confirmados xa en Ferrol, nas Pontes, Vilalba ou Mugardos nos próximos meses.