Novo encontro sen coñecer a derrota

Novo encontro sen coñecer a derrota
01 de Abril, 2019 - 01:40 h. | Publicada por Radio Fene

“Tardamos en meternos no partido pero empezamos a combinar e xogamos con intensidade” manifesta o adestrador do Maniños B Manuel Freire. Oito xuvenís participaron no encontro. Na Segunda Galicia de fútbol, Maniños B 3 – 3 A Capela. O conxunto continua sen coñecer a derrota nestas últimas xornadas.

ESCOITA O PODCAST:
Maniños B. Segunda Galicia de fútbol

“Estase vendo o resultado do traballo con bó xogo e dinámica positivas” afirma o técnico. Quedan duas xornadas da competición e na próxima xornada o Maniños B visita ao Monfero.

Deportes

Publica o teu comentario agora