Novo equipamento adaptado a Covid 19

Novo equipamento adaptado á Covid 19
13 de Maio, 2021 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

Novos equipamentos anti-COVID. O Centro Integrado de FP de Ferrolterra traballa na elaboración de novos equipamentos que poidan atender ás demandas sociais xurdidas tras a pandemia. Mobiliario por exemplo para a sala de espera dun aeroporto. Centros Integrados de Someso na Coruña e da Estrada colaboran nesta iniciativa na que tamén participa a Escola de deseño industrial de Ferrol e a empresa Kimak, novo nome do histórico grupo Caamaño de Culleredo. 

ESCOITA O PODCAST:
Juan Santalla, profesor do CIFP Ferrolterra en Radio Fene

O equipamento pode incluír cadeiras, papeleiras e puntos de venda. Van intentar facer un tipo de mobiliario que permita manter as distancias de seguridade. A idea é que o equipamento sirva, por exemplo, para manter as distancias nunha sala de espera dun aeroporto. Asentos separados un metro e medio que evite a inutilización de prazas con plásticos ou o emprego de costosas mamparas. Mobiliario para socializar, porque o ser humano necesita socializar. segundo indica o profesor do centro Juan Santalla. O CIFP Ferrolterra tamén colabora co IES de Ortigueira para a elaboración d de complementos para vestir en madeira. Inclúense paxarelas, garabatas e bolsos realizados integramente en madeira. 

Novos materiais para a construción
O mundo avanza cara a solucións de construción máis eficientes e sostíbeis. Sen ser un material illante, a madeira proporciona un nivel de illamento moi superior a outros materiais. E no mercado aparecen novos materiais de madeira para a construción. Entre eles o chamado CLT. Vai crear moito negocio, cun menor custe e impacto. Cada tonelada de CLT aforra CO 2 e é máis sostible. A edificación é moito máis rápida.  É un material formado por varias capas de táboas encoladas. Permite a construción de edificios moi altos ou a rápida rehabilitación de vivendas antigas. Cada capa do CLT, colocase en sentido transversal á anterior. Posteriormente prénsanse ata obter os paneis. Poden conseguirse elementos máis grandes dunha soa peza e incluso coa forma definida no deseño. Lógrase así un material con alta estabilidade dimensional, gran capacidade estrutural, lixeireza e rápido montaxe.
 

Institucional

Publica o teu comentario agora