Novo Impulso arrasa na Cámara de Comercio

Novo Impulso arrasa na Cámara de Comercio

23 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A candidatura Novo Impulso venceu nas eleccións á Cámara de Comercio de Ferrol. A lista encabezada por Xoan Gato logrou 20 dos 23 representantes elexidos no organismo cameral.O reconto dos resultados finalizou esta madrugada.

Un dos representantes de Novo Impulso, Jacinto Huete, comunicaba a Radio Fene a súa valoración positiva dos resultados. O outro candidato e actual presidente da Cámara, Francisco Cruz, declaróu que pasará páxina. Recoñece os resultados e a súa derrota.

Máis de 2000 empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal participaron nunhas eleccións que se desenvolveron con moita lentitude e coa formación de colas prolongadas. Ata o punto de que as urnas non puideron pecharse ata a 1 da madrugada. É unha participación histórica dado que en anteriores comicios se achegaran a exercer o seu dereito a voto escasamente 700 autónomos, comerciantes e empresarios. Un total de 17.000 persoas forman o censo da entidade. O pleno da Cámara formaráse o dia 12 de maio.

Sociedade