ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xosé Manuel Beiras presenta un novo libro en Pontevedra. "Exhortación á desobediencia" (Laiovento, 2013). Neste ensaio Beiras defende: " Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, una nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo
Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara a independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da Declaración de Láncara, que Xosé Manuel Beiras debullaba recollendo o Premio Ramón Piñeiro “Facer País” en outubro de 2005. Dalgún xeito as súas palabras constituíron unha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compaña de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movemento sociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política, cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda.
Entre medias, unha crise sistémica como pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e de mercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel. Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, una nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara una creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica. Cómpre reclamarmos o imposíbel: “só é utópico aquilo que non se loita por acadar”. (X. M. Beiras. Exhortación á desobediencia. Laiovento 2013)