Novo regulamento de honores e distincións do Concello de Ordes

Novo regulamento de honores e distincións do Concello de Ordes

29 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O pleno da Corporación Local do Concello de Ordes reuniuse esta mañá para celebrar a sesión ordinaria correspondente ao mes de xuño. Unha sesión na que, entre outras cuestións, aprobouse por unanimidade o novo regulamento de honores e distincións do Concello de Ordes. Segundo o edil de Réxime Interior, Persoal e Comunicación, Manuel Astray, “procedeuse á elaboración deste novo regulamento ao advertir, con motivo do nom

Entre as novidades que presenta este novo regulamento, explicou Astray, establécese a posibilidade de conceder a Medalla de Ouro do Concello a persoas físicas ou xurídicas. Ademais tamén se dá unha maior participación a todos os grupos políticos con representación no Concello, buscando así o consenso nos nomeamentos, e concédese a posibilidade de que se faga algún nomeamento a través de iniciativa popular.  

Tanto BNG como PP apoiaron esta proposta do grupo de goberno que preside Manuel Regos, agradecendo ámbalas dúas formacións que se abra a posibilidade de participación dos grupos políticos na instrucción dos expedientes para os nomeamentos.  

Por outra banda, outro dos puntos da orde do día, que tamén se aprobou por unanimidade, foi o correspondente á aprobación das medidas de redución do déficit público. Como explicou o alcalde, Manuel Regos, seguindo a recomendación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), vanse rebaixar os salarios e asignacións aos cargos políticos do Concello. A proposta aprobada polo pleno ordense, baseada no acordo da FEMP, supón unha reducción do 7% no soldo do alcalde, un 6% no salario do edil de Obras e Urbanismo Roberto González, un 5% nos salarios do edil de Cultura e Deportes e o edil de Servizos Sociais, así como unha reducción do 2,70% no da concelleira de Educación, Silvia Marín. Tamén se reducen nun 5% as asignacións aos grupos políticos e outro 5% as asignacións por asistencias ás comisións. O alcalde, Manuel Regos, explicou que con esta medida se espera poder contribuir á reducción do déficit. 

No capítulo de mocións, o BNG presentou unha na que instaba ao alcalde a realizar as xestións pertinentes para facer os trámies necesarios para a aprobación inicial do PXOM. Moción, da que non foi aprobada a súa urxencia, xa que tal e como explicou o primeiro edil, Manuel Regos, “nós facemos os deberes e isto é algo no que se está a traballar”. Indicou o alcalde que se está traballando no avance do documento e que os técnicos están adaptándoo á nova lei. Regos insistiu en que espera que o Plan Xeral estea listo o antes posible. 

A segunda das mocións dos nacionalistas, da que tampouco se aprobou a urxencia, fixo referencia ao retraso nos orzamentos para 2010. Regos explicou que estes orzamentos sí están a sufrir un retraso a causa da elaboración da RPT (Relación de Postos de Traballo) do Concello, que irá incluida nos mesmos, e no que se está a traballar por parte dos técnicos. Aínda así reiterou que se levarán a pleno canto antes. 

Notra orde de cousas, o Partido Popular presentou outra moción na que instaba ao goberno local a arranxar o parque infantil Félix Rodríguez de la Fuente. Cuestión á que o edil de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, Jesús Pedreira, respondeu que xa deron comenzo as obras que consistirán no cambio dos xogos do parque, así como do peche perimetral do mesmo.  

En canto ás preguntas, o BNG solicitou información sobre a situación na que se encontran as conversacións co Ministerio de Fomento para a realización de melloras na N-550 ao seu paso polo municipio. O alcalde, Manuel Regos, explicou que un técnico do Ministerio visitou Ordes e trasladáronselle todas as demandas plantexadas. Explicou ademais o primeiro edil que dende Fomento informaron que se está elaborando o proxecto para levar a cabo as melloras.

Institucional