ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As praias fenesas de Coído e Río Sandeu estrean novas áreas para aparcar coa chegada da temporada estival grazas á colaboración dos propietarios que cederon os seus terreos
O departamento de Urbanismo do Concello de Fene, dirixido por Manuel Polo, e o de Obras, coordinado por Justo Ardá, concluíron recentemente o acondicionamento de dúas áreas de aparcamento, unha duns 200 metros cadrados que se suma á xa existente en Río Sandeu, e outra de máis de 2.000 preto do acceso á praia do Coído. Esta última, que xa estaba planificada para o ano pasado, requiriu o movemento de terras e a extensión dun novo firme de pedra e area compactada. Estímase que a nova área ten cabida para arredor dun cento de vehículos que, segundo o titular de Obras, "debería ser suficiente para que ningunha persoa usuaria da praia teña que deixar o coche á beira da estrada". Ardá recorda que a execución dos dous aparcadoiros foi posible "gracias á colaboración dos propietarios que lle cederon os terreos ao Concello".
Publica o teu comentario agora