ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As festas que se aproximan son unha época para estirarse nos gastos. Gastamos moitos cartos e no mundo bancario tamén se producen movementos. Noticias relativas aos chamados neobancos que ofreceu en Radio Fene Iago Varela.
Revolut, unha das máis coñecidas entidades financieiras nacidas no ámbito das tecnoloxías “anunciou tres novidades que poderán marcar un antes e un despois no sector financieiro como o coñecemos”, destacou Iago Varela. Una desas novidades é a creación de caixeiros de nova xeración,“uns caixeiros que van máis aló dos expendedores de efectivo, permiten abrir contas desde o propio caixeiro e mesmo emitir tarxetas no momento, se necesitas o servizo urxente pódelo facer ti directamente”. E se queremos sacar cartos non fará falta tarxeta nin pin, porque integran o recoñecemento facial para sacar cartos da conta de Revolut. Outra novidade son as hipotecas exprés. Proxectan reducir a duración dos trámites a 24 horas. Tamén anunciaron a integración dun asistente financieiro baseado na Intelixencia Artificial para axudarnos a xestionar aforros ou asesorar en pequenos investimento. Todo desde unha aplicación móbil, sen saír da casa, 24 horas todos os días do ano. Os neobancos están suxeitos á mesma normativa europea que a banca tradicional. A seguridade fronte a problemas de privacidade ou hackeos tamén é semellante, senón mellor porque “adoitan ter medidas máis avanzadas que a banca tradicional, naceron na parte dixital e xa están cubertos nese sentido”, sinalou Iago que recalca tamén a necesidade de auto-protexernos coa dobre autentificación e sen facer uso de wifis públicas para facer movementos bancarios.
Publica o teu comentario agora