Novos confinamentos perimetrais

Ferrol, Narón, Neda e Fene súmanse á novas medidas decretadas este mediodía
30 de Outubro, 2020 - 05:10 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol, Narón, Neda e Fene, súmanse aos concellos que entran en confinamento perimetral, desde as 15 horas de hoxe.

ESCOITA O PODCAST:

A Xunta de Galicia establece confinamentos perimetrais en Ferrol, Narón, Neda e Fene. Tamén en Santiago, Teo e Ames; A Coruña e Arteixo; Pontevedra, Poio e Marín, Vigo, Lugo e Vimianzo, polo coronavirus. Os confinamentos perimetrais xa vixentes da provincia de Ourense seguirán vixentes. As medidas, que decretou Sanidade este mediodóa estarán vixentes desde as 15 horas de hoxe e serán revisadas o próximo martes. Inclúen a limitación de reunións só para convivintes. Segundo anunciou o alcalde de Fene, Juventino Trigo, de momento e mentres non diga o contrario o próximo DOG, permiten a mobilidade entre os catro concellos da comarca onde se decretou a nova medida. O acceso aos cemiterios está garantido, seguindo as normas publicadas no bando municipal ao uso.

Sociedade

Publica o teu comentario agora