ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
En palabras da orientadora laboral municipal, “a Tarxeta Profesional da Construcción é unha ferramenta que se vai exixir a todo profesional que traballe no sector, a partir do mes de xaneiro de 2012”. Nunha entrevista en Radiofusión, Conchi Prado explicou que, para conseguila, únicamente hai que cumprir dous requisitos: realizar o curso de prevención de riscos e acreditar alomenos un mes de experiencia ou traballo na construcción durante os últimos tres anos.
O curso terá unha duración de oito horas. Celebrarase nas instalación da Casa da Cultura de Fene en horario de 9 h. a 14 h. e de 15 h. a 18h. Ademais, segundo Conchi Prado, será impartido por técnicos da Fundación Laboral da Construcción que, á súa vez, serán os encargados de tramitar e entregar, no prazo de dous meses, as Tarxetas a cada un dos participantes.
Noutra orde de cousas, dende o departamento de formación e emprego do Concello de Fene lembran que continúa aberto (ata finais do mes de abril) o prazo para inscribirse no curso de aproveitamentos forestais que organiza a Deputación da Coruña a través da Rede Xiana. Neste caso, a actividade vai dirixida a e persoas demandantes de emprego maiores de 18 anos.
O curso terá unha duración de 520 horas, comezando o vindeiro 1 de xuño no Concello de San Sadurniño.