Novos fármacos para o tratamento da diabete

Novos fármacos para o tratamento da diabete
21 de Maio, 2021 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Galega de Medicina Interna organiza esta tarde unha webinar sobre avances no tratamento da diabete. Intervirán diferentes especialistas na enfermidade. Búscase saber adaptar cada tratamento a cada persoa diabética. Cada vez temos máis coñecementos sobre cales son os pacientes que máis se van beneficiar dos novos fármacos, segundo o doutor Juan González Soler,vicepresidente de SOGAMI. 

ESCOITA O PODCAST:
Interior do CHUAC.  A Coruña.

A diabete é unha alteración no metabolismo da glicosa. Prodúcese unha desregulación e un estado de glicosa elevado en sangue de forma permanente: Se non se corrixe, pode traer complicacións sobre todo de índole cardiovascular. Entre elas, o infarto de miocardio, ictus, cegueira, isquemia nos membros inferiores e insuficiencia renal crónica.  Pode ser un defecto na produción de insulina (Diabete Tipo I) ou pode ser debido á existencia dun estado de resistencia á insulina habitualmente asociada a obesidade (Diabete Tipo II).  Esta é a dos pacientes adultos. A diabete e a obesidade van ligadas de forma moi estreita. Os novos fármacos conseguen un bo control dos niveis de glicemia, dos niveis de azucre no sangue. Teñen interacción sobre a obesidade e a arteriosclerose e van á causa da diabete. Axudados por consellos dietéticos, máis actividade física e cambios de estilos de vida, poden potenciar a perdida de peso que é necesaria para un bo tratamento do paciente diabético. 
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora