ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes comezou xa ás obras de construción de novos panteóns no cemiterio de O Balado despois de solventar unha serie de trámites administrativos. Concretamente trátase de 80 novos panteóns que forman parte dunha primeira fase do proxecto.
Segundo o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, cada un destes panteóns conta con catro nichos máis o cinceiro, ademais dunha zona cuberta diante de cada un dos panteóns a modo de soportal.
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, mostrou a súa satisfacción polo comenzo destas obras despois de solventar unha serie de trámites administrativos, unhas obras que asegurou estaban sendo moi demandadas e esperadas polos veciños e veciñas do municipio. Ademais o primeiro edil explicou que estas obras fan referencia á primera fase do proxecto, xa que está prevista a realización dunha segunda fase a través da que se construirán outros 80 panteóns, aumentando así dunha maneira considerable a capacidade do cemiterio ordense.
Prevese que as obras estean rematadas en dous meses aproximadamente.