Novos xogos

Novos xogos
27 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dous xogos de mesa, un de velocidade e fácil para que poida xogar calquera da familia, outro unha adaptación infantil dun xogo de éxito presentounos esta mañá Juanma Sánchez, da tenda Cáprica. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Un xogo de cartas de cores que pon a proba a rapidez visual é unha das novidades que chegaron a Cáprica. Chámase Tu cabra rema. O outro é Splendor Kids. Adaptación dun exitoso e veterano xogo de taboleiro. Nenos e nenas aprenden a planificar estratexias para conseguir recursos como auga, comida ou vexetación. Juanma tamén nos explicou que á hora de escoller un xogo hai que ter en conta que a duración de tempo indicada nel non é o total, senón o que se calcula por cada un dos xogadores.

Sociedade

Publica o teu comentario agora