Novos xogos de rol

Novos xogos de rol
27 de Febreiro, 2025 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Volve haber interese polos xogos de rol. A raíz dos videoxogos, a rapazada de 15-16 anos está interesándose por eles, informou en Radio Fene Juanma Sánchez da tenda Cáprica. 

ESCOITA O PODCAST:

Nun xogo de rol crease unha historia a base das decisións que van tomando os participantes. Mesmo o utilizan algunhas empresas para a selección ou o adestramento dos seus empregados. “Ao final o que fomentas é falar, imaxinación, resolver situacións entre todos, as empresas tamén usan para a solución de problemas”, explicou Juanma. O xerente de Cáprica presentounos esta mañá tres xogos de rol, nos que se ve a evolución. Do máis clásico ao máis innovador, son “Dungeon Master’s Guide”, “Two Faces” e “Alice ha desaparecido”. A novidade do último é que non se pode falar. Os xogadores teñen que comunicarse a través dalgunha aplicación móbil como o whatsapp. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora