ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Almacenar contidos na nube cada vez é máis frecuente. Copias de seguridade de vídeos, fotos, mensaxes, documentos ocupan espazo e non sempre contamos con capacidade para gardalo todo. Buscamos asesoramento en Radio Fene co especialista en contidos dixitais Iago Varela.
“Google Fotos, unha opción moi popular para almacenar as nosas fotos, presumiu desde o seu lanzamento de ter un un almacenamento ilimitado, gratuíto en fotos de alta calidade”, todo cambiou en 2021 cando decidiu que esas copias de seguridade empezarían ocupar espazo. “Unha conta ofrece 15 gigas de capacidade gratuíta pero non so para fotos, tamén para outros arquivos, como os de Drive e agora, ademais, as copias de seguridade das mensaxes de Whatsapp”. Nos últimos meses, moita xente viu como se ía esgotando o espazo. Solucións? “A máis fácil é pasar por caixa. Hai plans de subscrición para aumentar o espazo”. O máis económico 20 euros ao ano para ter 100 gigas. Existen outras alternativas de espazo na nube, como Dropbox, pero todas teñen o mesmo problema que Google. E tamén hai outras opcións. “Moitas veces non somos conscientes de que temos esa posibilidade cando contratamos outros servizos como Amazon Prime ou algunhas operadoras de televisión”. Máis detalles na conversa que mantivemos con Iago Varela.
Publica o teu comentario agora