Nuclear, non

Nuclear, non
05 de Novembro, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un anaco da nosa historia recente, as mobilizacións que frustraron a instalación dunha central nuclear en Galicia, na enseada de Regodela, no concello lucense de Xove, recóllese no documental “Xove, Democracia Nuclear”. Dirixiuno un xornalista leonés, Pedro Lechuga, dentro do proxecto “Democracia Nuclear” que comezou coa gravación dun documental anterior sobre a oposición social a outra instalación nuclear en Valencia de Don Juan (León)

ESCOITA O PODCAST:

Dúas grandes manifestacións, en 1977 e 1979, frearon o proxecto do réxime franquista para instalar unha central nuclear en Xove. “Sen consultar nada e sen dar información cando alguén a pedía”. Así actuaba o Goberno daquela. Nun primeiro momento foron as Comisións Labregas quen encabezou as protestas nas que tiveron un papel importante as organizacións nacionalistas e as mulleres. “A loita uniu aos diferentes colectivos, tamén ás persoas que a nivel individual pensaban que era malo para a pesca, a gandería e a Natureza”. No documental, gravado en galego, aportan diferentes puntos de vista e participan protagonistas que viviron aquela loita cidadá, desde o daquela alcalde de Xove ata xente da Universidade ou do nacionalismo. Pedro Lechuga recolle no documental “Xove, Democracia Nuclear” os seus recordos dese episodio da nosa historia para que non se esvaezan.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora