Numerosos estragos

Numerosos estragos
02 de Novembro, 2023 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

Os ventos de máis de cen quilómetros por hora provocaron numerosos estragos na comarca de Ferrol. As caídas de árbores e as interrupcións no subministro eléctrico foron abundantes. A borrasca Ciarán continúa deixando incidencias nas estradas, nos ríos e nas costas. 

Árbore caída en San Valentín

O temporal continua no mar. Rexistráronse ondas de dez con dez metros de altura na praia de Riazor na Coruña. A duna de area protexeu o vial da avenida de Bos Aires na cidade herculina. O vento levouse a cuberta do polideportivo de Abegondo. Prégase que a cidadanía non se achegue ás liñas de costa.  

Na imaxe, persoal do Concello de Fene retirando unha árbore caída no paseo marítimo de San Valentín
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora