Nun país de vellos

Nun país de vellos
01 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Idadismo é a discriminación por motivo de idade. Os prexuízos pola idade teñen consecuencias na saúde mental e física das persoas maiores, advertiu en Radio Fene a profesora da Enfermaría Xerontolóxica na Universidade da Coruña, Rocío López. 

ESCOITA O PODCAST:

“Non esperabamos que houbera tanto idadismo en Galicia”, lamenta Rocío López, especialista que forma parte do Grupo de Investigación de Xerontoloxía e Xeriatría da USC. Fixeron unha enquisa que reflicte a existencia de moito idadismo nas xeracións máis mozas. Os prexuízos sobre as persoas maiores provocan unha discriminación da que todos acabaremos por ser vítimas porque, se hai sorte, todos chegaremos a vellos, lembrou a investigadora. “Se lle repetimos continuamente que non é útil para a sociedade, que non ten idade para algo e hai unha percepción negativa do envellecemento a persoa maior acaba asumindo esa connotación negativa”. O Grupo de Investigación de Xerontoloxía e Xeriatría ten dous proxectos en marcha nos que traballan na etapa adolescente, para combater o idadismo entre a xente nova, e tamén fomentando a educación dos profesionais sanitarios. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora