Nunca é tarde para aprender

Nunca é tarde para aprender

17 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes abre o prazo de inscrición nun curso gratuito de preparación das probas para obter o título de graduado en Educación Secundaria, dirixido a veciños e veciñas do municipio maiores de 18 anos e que non dispoñan do título de graduado escolar ou graduado en ESO. Nestas clases, que terán lugar entre os meses de novembro e xuño, impartiranse as nocións necesarias para preparar ao alumnado para a proba libre do gr

As clases terán lugar na Casa da Cultura de Ordes a partires do 9 de novembro, de luns a venres, en horario de 19:30 a 22:00 horas. Os veciños e veciñas que estén interesados en participar nesta iniciativa deberán formalizar a súa inscrición no Departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade de Ordes antes do 30 de outubro.A sección da Escola Oficial de Idiomas de Ordes amplía o seu prazo de matriculación ata o vindeiro 30 de outubro. De cara a este curso os niveis que se impartirán en lingua inglesa serán Básico 1 e 2 e Intermedio 1 e 2.O centro está ubicado no IES nº 1 de Ordes.

Sociedade