Nunca aterraron tan ben colocados

Nunca aterraron tan ben colocados
01 de Marzo, 2022 - 11:16 h. | Publicada por Radio Fene

Nunca aterraron tan ben colocados na Primeira Galicia de fútbol. É un trazo que fai único ao derbi que esta tarde xogarán o Maniños e o Perlío, as oito da tarde no campo do Pote. O Maniños é líder con 35 puntos, 5 de vantaxe co segundo clasificado. O Perlío é quinto con 28 puntos, a dous da terceira posición que da dereito a pasar ao grupo que pelexará polo ascenso. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

A recaudación será moito máis reducida que a que se podería conseguir xogando un sábado ou un domingo. Deportivamente dálles  igual, pero para o clube economicamente xogar entre semana é un desastre, segundo o adestrador do Maniños Pablo Mesa. Os puntos son moi importantes para calquera dos dous equipos. Pero, para o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro, quizais son máis cruciais para o Perlío, porque serían vitais para situarse na terceira praza que da dereito ao grupo do ascenso. Ademais dos tres puntos en xogo esta tarde, quedan tres xornadas para o remate desta fase da competición. Maniños – Perlío. O partido debíase ter celebrado o pasado 16 de xaneiro. Os casos detectados de coronavirus entre os xogadores do Perlío levaron a suspender o encontro. Celebrarase ás oito desta tarde no campo do Pote de Maniños.  

Deportes

Publica o teu comentario agora