Nunca máis

Nunca máis
31 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A catástrofe do Urquiola acontecida o 12 de maio de 1976 trouxo terribles consecuencias para o marisqueo na ría de Ferrol. “Nunca máis volveu a haber longueirón nin navalla”, recorda Francisca Prego, mariscadora de Barallobre dende 1943.

ESCOITA O PODCAST:

O 12 de maio de 1976 o buque petroleiro Urquiola, procedente do Golfo Pérsico, quedou embarrancado na Coruña. Unha mala sinalización dunha agulla rochosa fixo que este gran buque que levaba a súa carga á empresa Petrolíber, sufrise o accidente. O Urquiola non sufriu moitos danos neste primeiro momento e pediu ser levado a porto. Os organismos competentes tomaron a decisión de que o petroleiro abandonase a canle e se afastase 200 millas das costas españolas. Nestas manobras, o Urquiola sufriu máis danos e un incendio que provocou unha gran fumareda negra. O capitán do barco morreu neste incendio ao permanecer no barco ata o último momento. Nesta catástrofe derramáronse 100.000 toneladas que chegaron ata as rías de Betanzos, Ferrol e Ares. Xa non se podía ir á marea e ante esta terrible situación Francisca, entón vicepresidenta da Cofraría de Barallobre, propuxo arar a praia para sacar todo o petróleo á superficie, tal e como lembra en Radio Fene.

Fotografía Xan Xe.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora