O éxito da sinceridade

O éxito da sinceridade
29 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“O éxito da Lela radica na sinceridade”, explica Emilio Cortés, propietario desta froitería fenesa que conseguiu gañar en pouco tempo o agarimo da veciñanza. Neste establecemento, apostan pola proximidade e pola calidade. Agora mesmo, os produtos máis demandados son as mandarinas, as laranxas, as fresas e os pementos.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Nós non enganamos a ninguén. Se as patacas veñen de Cartaxena pois veñen de Cartaxena e se os tirabeques veñen de Narón pois veñen de Narón. O importante é que o produto sexa bo. O que si temos claro é que todo o que sexa de Fene non o imos coller de Ferrol. Canta máis proximidade, mellor. Tamén tentamos evitar que as froitas veñan de cámaras”, afirma Emilio Cortés, quen cada día atende cun sorriso ás persoas que se achegan á Lela, onde tamén podemos atopar legumes nacionais, especias e pan de tres panaderías con forno de leña. O propietario desta froitería destaca a importancia de escoitar á clientela. “Saber o que lle gusta a cada persoa e escoitalas é algo que canto máis grande é o establecemento máis se perde”. A Lela conta, ademais, con servizo de entrega a domicilio.



Na imaxe, Emilio Cortés, propietario da froitería A Lela.

Fotografía: Xarda

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora