ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ante a gran expectativa espertada polo evento alaricano, único no estado, o Concello de Allariz retrasará o peche da primeira edición do Festival Internacional de Xardíns ata o 14 de novembro, fin de semana da Feira do Outono de Allariz. Desde o pasado 8 de xullo, día da inauguración, pasaron polo festival arredor de 40 mil visitantes.
Os oito xardíns efémeros deseñados para esta primeira edición por Francisco Cabral comezarán a ser desmontados a partir do 15 de novembro. Ese mesmo día será a data límite para entregar as novas propostas que, baixo o lema “A Moda no Xardín” integrarán a segunda edición do Festival. Finalizado o prazo un xurado elixirá os xardíns do 2011 que poderán ser visitados entre maio e outubro.