ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os nenos e nenas son os que menos están a sufrir a crise. A campaña de nadal das xogueterías está a ser moi boa e o mal momento económico non se notou como noutros sectores. Este é o caso da Xoguetería Galicia chamada agora “Din e don” en Xubia- Narón. Na véspera de Reis non dan abasto cos encargos e coa venda de brinquedos desde os tradicionais de toda a vida ata os máis actuais procedentes do mundo da televisión.
Os debuxos animados da tele condicionan aos máis pequeniños á hora de pedir os seus agasallos aos Magos de Oriente. Así Pocoyó, Cars ou os Gormittis en todas as súas versións, mochilas, bonecos, gorras, xogos, bufandas ou en forma de instrumentos musicais son as estrelas máis demandadas nas cartas as súas maxestades.
Para nenos entre 7 anos en diante tamén arrasan os Gormittis, os Transformers e demais produtos televisivos. Tampouco falta xoguetes de toda a vida nos seus pedidos, como Batman.
As nenas decántanse pola sempre coqueta Kitty que ben en moi variadas presentacións (paraugas, pixamas, carteiras, bonecas, bolsos e un longo etcétera). A omnipresente estrela de Disney Hanna Montana causa furor entre as pequenas feminas que teñen na súa ídolo de cabeceira o seu maior obxecto de desexo.
Malia todo, segundo a propietaria da Xoguetería Galicia, Marisol caínzos, o xoguete tradicional non pasa de moda e sempre se recurre a él. Uha boneca como a Nenuco, o Baby Born, un cocheciño, unha cociniña siguen tendo un oco no mundo infantil.
As consolas e demais xoguetes tecnolóxicos tamén abondan nas peticións dos cativos. Este ano o máis demandado é a Wii e para ser máis preciso gaña a blanca sobre a negra.
Un dato que reflicte que o sector non está en crise son os encargos que xa polo mes de novembro recibe a xoguetería de Xubia . Só teñen que deixar o nome e un teléfono e teñen garantidos en “Din e don” o agasallo dos soños do seu pequeno ou pequena.