O 1 de marzo comeza a privatización da esterilización do material sanitario en Galicia

O 1 de marzo comeza a privatización da esterilización do material sanitario en Galicia

16 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O SERGAS privatiza a esterilización do seu instrumental por 160 millóns de euros. A Xunta realizou a publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas. Iniciará o vindeiro 1 de marzo o proceso para adxudicar a xestión integral da esterilización do material necesario para a actividade asistencial en todos os hospitais de Galicia. Unha única firma xestionará a actividade por un período de doce anos. Médicos e enfermeiros sosteñe

A sanidade é un gran negocio, segundo o xornalista e politólogo Antón Losada, autor do libro “Piratas de lo público”. A súa tese é que a sanidade, a educación e as pensións públicas están hoxe en perigo, non pola crise, senón porque son rendibles. Hain quen quere facer negocio, denuncia Losada, quen sinala que o sistema sanitario español gasta menos e é máis eficiente que nos Estados Unidos. Tamén cifrou o xornalista en 80.000 millóns o fondo de reserva das pensións, cando Rajoy chegou á presidencia do goberno. Iso xeneraba uns intereses de 3.000 millóns, segundo Anton Losada. O politólogo acusa á dereita de privatizar pola porta de atrás, seguindo o esquema de deteriorar os servizos, cuestionar aos profisionais, tratandoos como vagos e ineficaces, para rematar privatizando , como se fose a solución de todos os males.

Sociedade