O 10% do censo votou en Fene as 12 da mañán

O 10% do censo votou en Fene as 12 da mañán

07 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha mañán gris a deste domingo 7 de xuño non convidaba a sair á rua para votar. As urnas non tiveron de momento o tirón necesario para sacar aos cidadáns da cama. Nos dous colexios electorais da parroquia de Perlío- Fene- a participación rozaba o 10 % ao mediodía. Todo discurre, iso sí, con absoluta normalidade.

No colexio electoral ubicado na escola de Peleteiro o silencio era mortal a duas horas da apertura das urnas. Pola Avenida Marqués de Figueroa, ás 11 da mañán, contabanse coa man as persoas que paseaban polas beirarruas. Non hai feirón e iso nótase nesta parroquia fenesa que ve como cada segundo e cuarto domingo de mes se enchen as ruas de vendedores e visitantes. Ademáis dase a circunstancia de que boa parte dos veciños e veciñas están de viaxe en Salamanca nunha excursión organizada pola asociación de veciños e non retornarán ata a noite. 

Máis ambienteten pola contra a veciña parroquia de Fene onde unha veintena de nenos e nenas fan hoxe a primeira comiñón, polo que o entorno da igrexa do Divino Salvador e a praza da Constitución énchese de xente ao mediodía. Quizás daí saia unha boa presa de votos nesta hora central do dia.

 Polo demais reina a normalidade no discurrir da xornada electoral, sen que se producise incidente algún en ningún dos colexios electorais feneses, segundo a funcionaria municipal encargada de recoller calquera contrariedade. Os electores teñen para escoller ata 36 alternativas nestas eleccións europeas.

Sociedade