O 75% das familias galegas non disporán da gratuídade dos libros de texto

O 75% das familias galegas non disporán da gratuídade dos libros de texto

07 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As axudas da Xunta de Galicia para os libros de texto non chegarán nen aos mileuristas, afirmou esta mañá en Ferrol a deputada socialista Beatriz Sestayo. Segundo a parlamentaria, 3 de 4 familias pagarán os manuais escolares cando en anos anteriores non tiñan que asumir este desembolso. Galicia será xunto con Madrid a comunidade máis cara nesta volta ao cole.

Unha renda de 558 euros cun só fillo ou de 771 euros con dous fillos terán que aboar os libros de texto. Segundo a deputada Socialista, Beatriz Sestayo, Feijóo tiña unha axenda oculta, cando prometía que a austeridade non afectaría os gastos sociais. Agora, a realidade é outra, coas reduccións en investimento para educación, sanidade e servizos sociais, afirmou.

Para Sestayo, o PPdeG levou a cabo unha campaña ao longo deste verán con nocturnidade e alevosía. En materia de educación, procederon á coagrupación de alumnos/as que conlevaría á desaparición das escolas unitarias. O asunto resolveuse grazas á presión dos sindicatos. Amais reducíuse o número de profesores nas escolas de idiomas así como nos centros de formación profisional.

Segundo a parlamentaria, a política da Xunta de Galicia implica a drástica reducción do número de docentes.  As escolas infantís que ían a comezar en setembro en  Ferrol quedan paralizadas e bloqueadas  polos populares galegos. A Consellaría de Educación só anuncia investimento de cartos para os colexios privados, manifestou a deputada e avogada.   

A enquisa do galego xenerou unha considerable polémica. Sestayo propuxo esta mañá con ironía que a Xunta faga outra enquisa entre as familias para coñecer a súa opinión sobre o sistema de gratuídade de libros. A única certeza é que o 75% das familias galegas non disporán da gratuídade dos libros de texto.

Os socialistas comezan así unha campaña para reclamar o retorno da gratuidade dos libros de texto. A primeira das actuacións será o  luns da vindeira semana coa xuntanza coas Anpas, docentes e entidades cidadáns.

O gasto nos libros de texto oscila entre os 125 e os 170 euros dependendo do nivel educativo. A ese gasto hai que sumar o coste de roupa, material escolar, comedor e transporte. Case 200.000 alumnos e alumnas de educación infantil e primario volverán ás aulas o vindeiro xoves, segundo a Consellería de Educación. A Xunta de Galicia eliminou o anterior sistema de préstamo gratuito dos libros. En lugar dese método, agora aprobaránse axudas económicas para as familias máis necesitadas.

Institucional