ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O concello de Brión, durante as datas 3,4 e 5 de xuño do 2011, realiza a sexta edición do Encontro coa Arte, este ano dedicado a lembrar a figura de Luis Seoane. O evento contará coa participación dun importante grupo de artistas que darán ao visitante a oportunidade de admirar e mercar unha ampla variedade de obras dirixidas a todo tipo de público.
Ademais este ano, como novidade, incorpórase na casa da cultura o Mercado da Arte do Encontro de Brión. Espérase que teña unha boa acollida e continuidade nas próximas edicións
As obras, de diversos estilos e técnicas, teñen como obxectivo principal mostrar unha nova dimensión artística, producto da creación de destacados pintores do país, comprometida coa importancia do espectador. O acceso a Arte como dereito de todos. Unha antonimia á indiferencia, ao necesario de mostrar e transmitir emocións coa pretensión de consolidar a arte como algo inherente á vida.