ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cúmprense neste 2022, corenta anos do que no seu dia se cualificou como o accidente laboral máis grave da historia de Astano. Os traballadores Armando Vázquez e Germán Rivera faleceron o 2 de xuño de 1982 ao caer dende un guindastre o motor principal dun petroleiro, dunhas 576 toneladas de peso. No percance resultou ferido de gravidade outro traballador e catro feridos leves.
O suceso produciuse pouco despois das sete da mañá na pradeira. Transportábase o motor principal dun petroleiro do 80.000 toneladas que ia ser botado o 21 dese mes. Ao iniciarse a operación e desde unha altura duns corenta metros o motor desprendeuse, desgarrando os cables que o transportaban e caendo sobre o pantoque, onde traballaban unha ducia de operarios. Dous deles morreron no acto. Outros cinco foron rescatados e quedaron ingresados en diversos centros sanitarios da cidade. Quince dias antes o comité de seguridade e hixiene de Astano solicitara que se revisara o guindastre pórtico desde o que caeu o motor do petroleiro.
Fotografía: Maite Martínez Prieto
Publica o teu comentario agora