O accidente mortal

O accidente mortal
12 de Marzo, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

A fábrica pirotécnica de Maniños. Cap III

Os recordos do accidente na fábrica pirotécnica de Maniños chégannos da man dun descendente da familia, Xiao Couto. Segundo relata, a fábrica tiña presa para entregar un encargo de fogos para unha festa. Como a lucería tiña que secar rápido, para axilizar o proceso, meteron os fogos no forno dunha vivenda do lugar da Corredoira. . Os fogueteiros non tiveron a precaución de deixar a porta do forno aberta para evitar estouridos, e reventou todo. Faleceron no accidente, o dono da casa, Manuel Vilar Paz, de 64 anos, e os seus tres fillos, Manuel, Miguel e Andrés, de 11, 9 e 5 anos respectivamente. Faleceu tamén o encargado da fábrica, Antonio Pena Leira, de 40 anos pai de cinco fillos; Basilio Rodríguez Sánchez, de 40 anos e Benigno Arnoso Pena de 18.

Segundo o xornal da época, no accidente resultan feridos graves unha filla de Manuel Vilar, Ramona de 8 anos e Manuel Anca Pardo de 51. Despois daquel accidente, os donos venden a fáfrica que manterá a actividade uns anos máis, ata 1955 que pecha definitivamente.

 

(Foto antiga da fábrica)

Sociedade

Publica o teu comentario agora