O acompañamento musical

O acompañamento musical
10 de Xuño, 2021 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

Unha noite na eira do trigo ou Negra sombra, foron poemas convertidos en símbolos da nosa identidade cultural. Ese tránsito realizouse grazas á realización de composicións musicais sobre os versos. O mesmo pasou co poema de Eduardo Pondal, sobre o que se construíu o Himno Galego, segundo o profesor Martinho Montero. 

ESCOITA O PODCAST:
Ricardo Carvalho Calero

Elaborou cen sonetos para Eva, en castelán, porque cando estaba en prisión despois da guerra, tiña prohibido escrever en galego. Carvalho Calero ten bastantes sonetos. Na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea adícalle un capítulo ao denominado “Acompañamento musical”. Recolle unha serie de poemas musicados, e grazas a iso alcanzaron moito máis éxito popular. A música e o texto favorécense mutuamente. Permiten unha mellor memorización. O acompañamento musical no século vinte axudou a revitalizar a cultura galega especialmente a poesía. Os coros de música tradicional tamén contribuíron a estender e facer moi coñecidos poemas como Negra Sombra de Rosalía de Castro ou Unha noite na eira do trigo de Curros Enriquez. 

Cultura

Publica o teu comentario agora