ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Antón Cortizas asinaba exemplares do seu ultimo libro, “ Vestida co arco da vella” esta mañán na Feira do Libro de Ferrol. As 6 da tarde fará o propio Higinio Puentes , co seu “ Monbars o exterminador” e tamén Francisco Narla asinará en “Los lobos en el centeno” .
As 8 da tarde presenta Xesús Constela “Shaquespeare destilado” premio Garcia Barros do 2008.
Un dos convidados máis agardados na feira do do libro de Ferrol é o actor, Javier Gutierrez, que asistirá o domingo á clausura da feira.
Xunto ao dramaturgo, José Luís Prieto, os dous poseedores de sendos premios Max de teatro, disertará sobre o que el entende por ser actor, segundo adianta esta mañán na nosa emisora.
O actor ferrolán, que neste momentos podemos ver na pelicula “Al final del camino” ou na serie “Aguila Roja” na televisión, defende que un actor, para selo, ten que levarse ben cos libros e coa lectura. El confesa que chupou literatura clásica inglesa e rusa antes de empezar nesta profesión.