O Adriano podería salvarse

O Adriano podería salvarse

11 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego non pechou a porta á posible adquisición do cine Adriano nun futuro, sempre condicionado a que legalmente teña os papeis en orde. Declarou en Radio Fene que a zona de Maniños e Barallobre ben merecerían un espacio como ese. Do cine Adriano precisamente falaron esta mañá dous dos herdeiros do inmoble de Barallobre, os curmáns Adriano Fernández e Mª Dolores Fernández, sobriños- netos de

Nin Adriano nin Marí Loli chegaron a coñecer ao seu tío-avó. Os dous están encantados coa iniciativa do colectivo Lumen e cos proxectos que presentaron vinte artistas aos que coñeceron o domingo pasado no acto de presentación do proxecto "Adriano, sesión contínua". Non deixaron de expresar os seus desexos de que esta iniciativa teña recorrido e sirva para salvar o emblemático cinema.

Sociedade