O alcalde de Allariz e técnicos da empresa Tragsa visitan as obras realizadas no municipio

O alcalde de Allariz e técnicos da empresa Tragsa visitan as obras realizadas no municipio

30 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Francisco García, alcalde de Allariz, reuniuse con técnicos deTragsa co obxectivo de analizar as actuacións que a empresa pública está a executar no concello alaricano. Tragsa realizou obras como a mellora no pavillón de deportes, rehabilitación en Santa Mariña ou pequenas obras de mellora en lavadoiros, fontes e camiños.

 

A concentración parcelaria de San Vitoiro e San Mamede, así como o asfaltado das pistas de acceso a estes pobos ou a futura intervención en San Salvador dos Penedos, que inclúe a mellora da pavimentación, soterrado de cables e dotación de servizos públicos, son outras das intervencións desta empresa que serán examinadas in situ durante o día hoxe xunto cos veciños e veciñas cos que tamén se contrastará a execución das obras.

A reunión de coordinación e seguimento servirá para facer repaso da marcha das intervencións que está a realizar a empresa Tragsa no Concello de Allariz, deseñar o calendario de execución e contrastar cos veciños e veciñas a boa marcha das obras.

Institucional